ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

A ONCE presenta o primeiro cupón dedicado ás Festas de Pascua

 

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de marzo de 2024 a las 18:55

Compartir

 

 

  • Están á venda 5 millóns de boletos en toda España para o sorteo que se celebrará o 26 de marzo
  • Á presentación asistiron o alcalde, Anxo Arca; o director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro; e o autor da ilustración, Masito Beiró

Padrón. 20-03-2024.- O director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro; o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o autor da ilustración, Masito Beiró, presentaron esta mañá na casa consistorial padronesa o primeiro cupón diario dedicado ás Festas de Pascua. Riveiro indicou que a ONCE ten á venda cinco millóns de boletos en toda España, a un prezo de dous euros, para o sorteo do vindeiro 26 de marzo, coincidindo co comezo das festas deste ano.

Anxo Arca deulle as grazas “á ONCE por ternos en consideración”, e tamén tivo palabras de agradecemento para Masito Beiró, o artista padronés autor da ilustración do cupón e unha persoa “que durante moitos anos colaborou coas festas de Pascua”.

“Estamos moi contentos e orgullosos de poder colaborar co Concello de Padrón en difundir as Festas de Pascua por toda España”, dixo José Antonio Riveiro, que agarda que o premio poida tocar no municipio padronés.

Pola súa banda, Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez, Masito Beiró, quixo ter un recordo para seu pai, Beiró Buxán, “que sempre se preocupou da Pascua padronesa e foi quen me motivou para seguir coa súa traxectoria como artista”.

Esta é a primeira vez que a ONCE decide promocionar a Pascua de Padrón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e, por elección do Concello padronés, a imaxe destes cupóns que puxo á venda a Organización Nacional de Cegos correspóndese coa portada deseñada por Masitó Beiró para ilustrar o Libro de Pascua do ano 2003.

Na ilustración da portada dese Libro de Pascua do ano 2003, Masito Beiró incluíu a fachada da colexiata de Iria Flavia e da Casa de Rosalía, así como imaxes do Apóstolo Santiago da Virxe de Guadalupe, en clara alusión aos días dedicados a Santiago e a Rianxo na Pascua padronesa. Tamén figuran nesta ilustración referencias á gastronomía (o polbo), á música galega (unha gaita) e ao Pedrón, así como aos xigantes e cabezudos do ano 1965, que foron estragados por unha das enchentas que teñen asolagado Padrón.

Coa elección desta portada, o goberno padronés, presidido por Anxo Arca, quere recoñecer o traballo dunha das persoas intimamente involucradas coa edición do Libro de Pascua, xunto con Máximo Sar, Camilo Agrasar, Beiró Buxán ou Ramón Casasnovas, a quen se homenaxea este ano.

Masitó Beiró é o autor de 23 ilustracións incluídas nas portadas do Libro de Pascua de Padrón. “A primeira delas debuxeina no ano 1984 e a última sobre o ano 2010”, recorda Masito, quen relevou a seu pai, Beiró Buxán, como autor das imaxes deste libro que, co formato actual, comezou a editarse en 1961.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Hai oito anos a ONCE tamén elixira Padrón para ilustrar un dos seus famosos cupóns. Coincidindo co centenario do nacemento de Camilo  José Cela, a ONCE fíxolle tamén a súa particular homenaxe ao escritor incluíndo nos boletos do sorteo celebrado o 20 de xullo de 2016 unha imaxe da estatua dedicada ao Premio Nobel no paseo do Espolón. Recentemente, a ONCE tamén lle fixo unha homenaxe ao comunicador padronés Pepe Domingo Castaño.

Etiquetas

cuponOncepadronradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol