ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportes

Vendidas máis de 3.000 entradas para o Compos – Alavés

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024.- Volver. Co obxectivo de “Volver ilusionarnos”, de “Volver ao Vero Boquete”, de “Volver ver un partido de Primeira División en Santiago”, a SD Compostela lanza unha campaña especial para a eliminatoria de Copa do Rei contra o Deportivo Alavés. O partido histórico, que apunta ao cheo, traerá consigo unha serie de accións promocionais por parte do club, para que o martes 29 sexa unha festa do fútbol.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de octubre de 2024 a las 23:28

Compartir

Por este motivo, esta mañá, en Área Central, patrocinador deste encontro especial, levouse a cabo a presentación da Campaña “Volver”, na que se presentaron algunhas das accións promocionais e nas que se explicou a actualidade que rodea ao encontro do próximo martes ás 19.00 horas no Vero Boquete.

Na presentación estiveron presentes Miguel Fernández, xerente do club, acompañado por Pilar Lueiro, concelleira de Deportes do Concello de Santiago; Sara Castedo, xerente de Área Central; e Pablo Iglesias, xestor comercial de Mahou en Galicia.

Entradas

Como sinalou Miguel Fernández, xerente do club, o ritmo de venda é altísimo. Xa van vendidas máis de 3.000 entradas a falta de case unha semana para o partido.

Neste sentido, lembrou a todos os abonados que teñen que retirar a súa entrada antes deste venres 25 ás 15.00 horas, xa que despois habilitarase o seu asento para o público xeral. É o límite tamén para adquirir a entrada con prezo reducido.

Cabe sinalar tamén que os medios para adquirir as entradas son a Oficina do Club (de 9.30 a 15.00, de luns a venres), a Tenda Oficial (de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas) e sobre todo, por comodidade e rapidez, a Billeteira Online: https://sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/.

Destacar tamén que, para abonados, o proceso é automático e realízase en apenas uns minutos.

Unha festa do fútbol

Con motivo de que volvemos vivir un partido deste calibre en Santiago, moitas serán as accións para que o martes sexa unha festa, unha gran noite para gozar e, tamén, para soñar cunha vitoria. Un encontro que, con toda a infraestrutura que rodea, será de Primeira, un duelo que será emitido internacionalmente.

Grazas ao patrocinio de Área Central, o centro comercial convidará a todos os clubs da comarca para que poidan asistir ao partido, comprando un lote de entradas que xa se están repartindo.

Do mesmo xeito, da man de Mahou, haberá un agasallo especial para todos os abonados, un agasallo de Primeira que se presentará o vindeiro luns e que se entregará no mesmo día de partido.

Ademais, haberá actividades para os máis pequenos, con pintacaras, globos, xogos… para que sexa máis que un partido de fútbol.

Merchandising especial

Con motivo da visita do Deportivo Alavés, tamén se realizará unha bufanda conmemorativa do duelo e porase tamén á venda a camiseta do Compos co parche oficial da Copa do Rei (unidades limitadas).

Ambas prendas de merchandising estarán á venda unicamente o día de partido nos espazos que se habilitarán nas tres zonas abertas do estadio.

Asentos e accesos

Con motivo da alta afluencia de público, para o partido abriranse dúas portas de acceso en cada bancada. Ademais, haberá controladores suficientes para un partido destas características.

E tamén informadores dentro do Estadio. E é que para este partido xa estarán numerados os asentos do Vero Boquete de San Lázaro (a excepción do Fondo), polo que cada persoa deberá sentar no seu asento.

Iluminación

Tanto Miguel como a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, puxeron en valor o esforzo realizado para que o partido se puidese levar a cabo no Vero Boquete. Nesta liña, nun tempo récord, realizouse unha obra de mellora da luminaria do Estadio.

Grazas ao esforzo de Moonoff e Grúas Norte, ambos patrocinadores do club, así como de Clece e o departamento de Deportes, púidose executar a obra necesaria para que a iluminación cumpra cos estándares de calidade que esixe a Real Federación Española de Fútbol.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Unha mellora puntual que se manterá ao longo da tempada, mellorando a visibilidade dos partidos que se xogan con luz artificial en Santiago.

Etiquetas

composcopa do reideportesSD Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

A SD Compostela gaña o IV Torneo F11 Sub 12 Vedra-Boqueixón
Deportes

A SD Compostela gaña o IV Torneo F11 Sub 12 Vedra-Boqueixón

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española