ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Silleda recibe a Bandeira Verde de Galicia no Día Mundial da Protección da Natureza

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de octubre de 2024 a las 12:48

Compartir
  • “Este distintivo é un orgullo para Silleda e reflicte o traballo conxunto da veciñanza e do goberno local por facer do noso municipio un lugar máis sostible e respectuoso co medio ambiente”, subliña a alcaldesa Paula Fernández

Silleda. 18-10-2024.- Esta mañá, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Protección da Natureza, tivo lugar en Caión o acto de entrega da Bandeira Verde de Galicia ao Concello de Silleda. O distintivo, concedido pola Xunta de Galicia, recoñece o compromiso do municipio co medio ambiente e a protección da paisaxe. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiu o acto ao que acudiron a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, a tenente de alcaldesa e concelleira de Turismo Mónica González, e o concelleiro de Transición ecolóxica Manuel Requeijo. O alcalde da Laracha, José Manuel López, exerceu de anfitrión.

A rexedora destaca a importancia desta distinción: “A Bandeira Verde é un orgullo para Silleda e reflicte o traballo conxunto da veciñanza e do goberno local por facer do noso municipio un lugar máis sostible e respectuoso co medio ambiente”. “Este recoñecemento abre novas portas para seguir apostando por políticas medioambientais que melloren a nosa contorna e a calidade de vida de todas as persoas do concello. Seguiremos traballando para manter este compromiso e liderar iniciativas que sitúen a Silleda como un referente en sustentabilidade e na preservación do patrimonio natural de Galicia”, engade Paula Fernández.

Entre as accións levadas a cabo polo goberno municipal que permitiron acadar este recoñecemento destacan o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), e o proxecto Rede de Calor District Heating, que se converteron en exemplos de referencia para outros gobernos locais a nivel estatal.

O distintivo da Bandeira Verde facilitará a Silleda obter maiores puntuacións en subvencións autonómicas relacionadas coa xestión de residuos e o patrimonio natural, permitindo que o municipio consolide o seu compromiso coa Axenda 2030.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Silleda é o único concello da provincia de Pontevedra en incorporarse neste ano 2024 á lista de 24 concellos de toda Galicia en contar con este distintivo que renovan tamén Sanxenxo e A Illa de Arousa.

Etiquetas

bandeira verdenaturezasilleda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio
Actualidad

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto
Comarca

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto

Falece un home tras quedar atrapado por unha máquina en Silleda
Sucesos

Falece un home tras quedar atrapado por unha máquina en Silleda

Merelles: “Galicia é agora mesmo referente en turismo musical e cultural en toda España”
Actualidad

Merelles: “Galicia é agora mesmo referente en turismo musical e cultural en toda España”