Santiago enmudece polas vítimas e danmificados da DANA en Valencia, Cuenca e Albacete
30/10/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio como mostra de pesar polas vítimas mortais e persoas afectadas polos efectos da DANA nas provincias de Albacete, Cuenca e Comunidade Valenciana.
Líder Redacción
30 de octubre de 2024 a las 16:17
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e membros do persoal municupla. O minuto pechouse cun aplauso.
O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio homenaxear ás vítimas mortais e trasladar o seu apoio e cariño ás súas familias e ás persoas que se viron afectadas polos efectos da DANA que castigaron as provincias de Albacete, Cuenca e Comunidade Valenciana no día de onte