ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Rois habilita un posto para persoal de servizos do centro de saúde de Urdilde

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de noviembre de 2023 a las 16:21

Compartir
  • O alcalde, Ramón Tojo, e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, visitaron o centro para ver o estado das actuacións
  • Novo número de teléfono para solicitar citas no centro: 981 723 302

Rois. 29-11-2023.- A petición do goberno local, o Sergas habilitou unha praza de persoal de servizos xerais no centro de Saúde de Urdilde para mellorar a atención á veciñanza. Para facilitar o desenvolvemento do traballo desta profesional, o Concello de Rois acometeu as obras necesarias para habilitarlle o posto de traballo que se atopa na entrada do edificio,
dotándoo dun mostrador, acceso ás redes de datos, telefonía e electricidade.

O alcalde, Ramón Tojo, e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, visitaron esta semana o centro de saúde de Urdilde para ver o resultado destas actuacións e coñecer ao novo persoal que desenvolve o seu traballo. Ademais da traballadora de servizos xerais, ao centro de saúde incorpórase tamén a nova enfermeira titular da praza.

Ramón Tojo e Mercedes Basante puideron comprobar tamén os traballos para cambiar o tellado do edificio, ao que se lle van poñer paneis de aluminio con illante para mellorar a eficiencia enerxética do mesmo. Estas obras tamén son acometidas polo Concello de Rois.

O Sergas tamén habilitou un novo número de teléfono para chamar ao centro e poder solicitar citas: 981 723 302

Etiquetas

roisurdilde
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca
Comarca

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal
Comarca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal