ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Presentan o I Concurso de tapas ‘Rois nun bocado!’ para promocionar a gastronomía local

 

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de octubre de 2025 a las 17:13

Pola esquerda: Marlon García (bar Malecon), María José Rodríguez (Casa Benjamín), Ramón Rojo (alcalde), Jesús Mosquera (O Pemento), Santiago Tarrío (Taberna Angueira) e Ana Castro (cafe bar A Lúa)

Compartir
  • Promovido polo Concello, desenvolverase do 7 ao 23 de novembro coa participación de nove establecementos do municipio
  • Os clientes maiores de 18 anos poderán probar as tapas, selar o seu tríptico e votar pola súa favorita para participar no sorteo de tres vales de 100 euros
  • Os premios para os locais inclúen 300, 250 e 150 euros e placas acreditativas
  • “Temos bos produtos e bos hostaleiros e queremos que moita xente o poida comprobe in situ”, asegura Ramón Tojo

Rois. 27-10-2025. O alcalde Ramón Tojo e cinco dos hostaleiros participantes presentaron esta mañá o I Concurso de tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa do Concello de Rois que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, dinamizar a vida social e fomentar a cultura das tapas no municipio. As tapas terán un prezo de 2 euros e os clientes que degusten polo menos tres en dúas zonas diferentes poderán participar nun sorteo de tres vales de 100 euros.

O concurso desenvolverase do 7 ao 23 de novembro e contará coa participación de nove establecementos hostaleiros e de restauración (bares, cafeterías e restaurantes) de distintas zonas do municipio. Cada fin de semana poderán degustarse as tapas en cada unha das tres zonas establecidas:

  • Zona 1: Urdilde, do 7 ao 9 de novembro, con Hotel Camiño do Mar e a Casa rural Fogar do Selmo.
  • Zona 2: Augasantas, do 14 ao 16 de novembro, con Taberna Angueira e o Restaurante Casa Benjamín.
  • Zona 3: Oín, Rois, Seira e Sorribas, do 21 ao 23 de novembro, con Café-bar A Lúa, Café-bar Malecón, Taberna O Pemento, Bar Muelle Rois e o Restaurante Val de Rois.

“Con este concurso queremos dar a coñecer a hostalería de Rois”, asegurou o alcalde, Ramón Tojo. “Temos moi bos produtos e bos hostaleiros e queremos que moita xente da comarca e de fora da comarca poida comprobalo in situ” engadiu.

Na presentación, o alcalde estivo acompañado por Marlón García (café bar Malecón); María José Rodríguez (Casa Benjamín), Chus Mosquera (O Pemento), Santi Tarrío (taberna Angueira) e Ana Ramos (café bar A Lúa). Todos coincidiron en resaltar que este primeiro concurso de tapas servirá para “promocionar a nosa gastronomía e os nosos produtos e para dar a coñecer a variada oferta que temos en Rois”.

Tapas a 2 euros

Cada establecemento presenta unha única tapa, salgada ou doce, fría ou quente, ao prezo de 2 euros. O Concello establece tres premios, de 300, 250 e 150 euros e placa acreditativa para as mellores tapas. Os clientes maiores de 18 anos serán os encargados de elixir aos gañadores cos seus votos.

Ademais de degustar as tapas, os clientes teñen a opción de gañar un dos tres vales de 100 euros que se sortearán para gastar nos establecementos participantes nesta primeira edición de Rois nun bocado!

Os locais entregarán un tríptico informativo aos seus clientes. Estes deberán selalo tras degustar as tapas, elixir a súa favorita e depositalo nas furnas que hai en cada un dos nove locais. Para participar neste sorteo de agasallos será necesario cubrir un mínimo de tres selos en dúas zonas diferentes.

Co I Concurso de tapas Rois nun bocado!, o Concello de Rois busca consolidar un evento anual que fomente a creatividade culinaria, incentive o turismo e reforce a vida social do municipio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

roisrois nun bocadoTapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca
Comarca

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal
Comarca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal