ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Oito galegas pioneiras protagonizan a nova exposición da Biblioteca Universitaria de Fonseca

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle a exposición 8 mulleres galegas que moveron os marcos, coa que a Biblioteca Universitaria celebra este ano o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A mostra foi inaugurada este luns de marzo polo reitor Antonio López, acompañado pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e pola directora da Biblioteca Universitaria, Mabela Casal.

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de marzo de 2025 a las 17:50

Compartir

A exposición recolle o perfil de oito mulleres galegas pioneiras en diversos ámbitos, cuxo denominador común é ter sido quen de abrir camiño en espazos tradicionalmente reservados aos homes. As protagonistas son Áurea Rodríguez, primeira gaiteira da que se ten noticia; Maruxa Villanueva, actriz, cantante e emprendedora teatral en Galicia e na emigración; Elisa Patiño, primeira aviadora galega e unha das primeiras en Europa; María Wonenburger, investigadora en álxebra e primeira muller española cunha bolsa Fullbright; María Luz Morales, primeira directora dun xornal en España; Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico; Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España, e María Barbeito, educadora que introduciu en Galicia as teorías pedagóxicas máis innovadoras da súa época.

Na mostra exhíbense oito paneis dedicados a cada unha destas mulleres, co obxectivo de visibilizar as súa traxectorias e contribuír a unha maior igualdade no recoñecemento histórico.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo, permitindo achegarse á historia destas mulleres imprescindibles na nosa cultura.

Etiquetas

exposicionfonseca
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares
Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

A Fundación Granell acolle a exposición que transforma en esculturas o novo disco de Fillas de Cassandra
Actualidad

A Fundación Granell acolle a exposición que transforma en esculturas o novo disco de Fillas de Cassandra

Máis de 200 variedades de camelias protagonizan unha mostra única en Santiago
Actualidad

Máis de 200 variedades de camelias protagonizan unha mostra única en Santiago

Éxito da Exposición da Camelia e do Bonsái de Padrón con 72 expositores
Comarca

Éxito da Exposición da Camelia e do Bonsái de Padrón con 72 expositores