O Concello de Brión abandona ‘X’ pola proliferación de contido tóxico e desinformativo
O Concello de Brión anunciou hoxe a súa decisión de deixar de publicar na rede social X, anteriormente coñecida como Twitter. Esta medida responde ao incremento de contido tóxico, discursos de odio e desinformación que, segundo indican, proliferaron na plataforma tras os cambios na súa dirección.
Líder Redacción
25 de noviembre de 2024 a las 11:53
A institución local considera que estas prácticas van en contra dos valores de respecto, convivencia e transparencia que defenden. Así, súmanse a unha crecente lista de personalidades e medios que decidiron abandonar a rede.
Para manter á veciñanza informada, o Concello continuará a utilizar as súas canles oficiais:
– A páxina web: www.concellodebrion.gal
– As redes sociais Facebook e Instagram
– Os taboleiros informativos situados nas parroquias
O Concello de Brión reafirma o seu compromiso coa construción dunha comunidade informada, participativa e libre de contidos que fomenten divisións ou prexuízos.



