ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino e Boqueixón arranxarán a estrada de Loureda ata o aeroporto con axuda da Xunta

• Ambos concellos pedirán unha subvención de 50.000 euros para executar unha obra que ten un orzamento de 62.500
• Aprobada a ordenanza que establece as taxas por prestar servizos de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde
• A liquidación do orzamento do ano pasado deixa un remanente positivo de tesourería de 1.042.000 euros e un período medio de pago de facturas inferior aos 4 días

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de marzo de 2025 a las 20:27

Compartir

O Pino. 26-3-2025.- O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta mañá a proposta para executar conxuntamente co Concello de Boqueixón a mellora da estrada de Loureda ata o aeroporto de Lavacolla e poder así a unha subvención da Xunta de ata o 80% do importe da obra. Na sesión de hoxe tamén se aprobou a ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizos de dirección de obra, pola coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras.

O alcalde, Manuel Taboada, indicou que unha das convocatorias de subvencións aprobada pola Xunta para mellora de infraestruturas municipais prima a agrupación de concellos. Motivo polo que O Pino e Boqueixón decidiron solicitar conxuntamente unha axuda para mellorar a estrada de Loureda ata o aeroporto de Lavacolla.

O proxecto establece un orzamento de 62.500 euros para a mellora de 1.500 metros (dos que uns 400 son do Pino) deste viario cunha capa de aglomerado en quente e limpeza de gabias. Ao solicitar conxuntamente a subvención, a Xunta pode aportar ata o 80% do importe, uns 50.000 euros.

Segundo o convenio aprobado hoxe, o Concello do Pino encargarase de toda a tramitación e contratación das obras, aportando 6.586 euros, mentres que o de Boqueixón sufragará 5.913.

Na sesión de hoxe notificouse a liquidación do orzamento municipal corresponden ao exercicio de 2024, que deixa un remanente de tesourería para gastos xerais de 1.042.016,14 euros. O alcalde destacou que a 31 de decembro do ano pasado o Concello tiña pagadas todas as facturas a provedores e que o prazo medio de pago durante o ano pasado foie de 3,57 días, moi inferior aos 30 días que establece a normativa xeral. Taboada tamén destacou que o nivel de endebedamento do Concello sobre os recursos correntes  foi dun 25%, moi lonxe do límite do 110% que establece a Lei de Facendas Locais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, aprobouse a ordenanza reguladora das taxas por prestación de servizos de dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras. A ordenanza establece unha contía do 4% do importe do proxecto no caso da dirección de obra, e do 1,5% nos casos de coordinación en materia de seguridade e saúde.

Etiquetas

o pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago