ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Estas son as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate

 

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de marzo de 2024 a las 14:19

Compartir

 

 

O certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios

O xurado valorou un total de 56 regueifas, 47 delas inscritas na categoría escolar e na xeral

Ames, 13 de marzo de 2024.- Xa coñecemos as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios; e cun total de seis premios en cada unha das categorías: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada.

O xurado estivo composto por Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Fátima Souto, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro. Valoraron un total de 56 regueifas, 47 delas inscritas na categoría escolar e na xeral.

Estas son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube:

Categoría xeral:

  • A máis brava: ARRIEIRO E CHAMINHO “Cumbia do choque”.
  • A máis aguda: ESCOLA DE REGUEIFA DE CARBALLO “Vai de voda”.
  • A máis diversa: TEISEIROS REGUEIFEIROS “Regueifa pola saúde mental”.
  • A máis reivindicativa: IVÁN E AROA “Regueifa de coidar a terriña”.
  • A mellor cantada: GRUPO XUVENIL DA TERCEIRA IDADE DE POIO “Sempre vida”.
  • A mellor falada: AS DA MUIÑEIRA “Os deberes”.

Categoría escolar:

  • A máis brava: OS MÁIS BRAVOS “Queremos moito ás nosas profes”. Alumnado do CEIP

de Bormoio-Agualada (Coristanco).

  • A máis aguda: REGUEIFEIRXS DA CHÁ “Regueifando apréndese mellor”. Alumnado do

IES Santiago Basanta Silva (Vilalba).

  • A máis diversa: 2o B QUIROGA PALACIOS “O noso Entroido”. Alumnado do CEIP

Pluringüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela).

  • A máis reivindicativa: 6o E.P. CEIPP SANTA MARÍA DO CASTRO “O granulado non é

pasado”. Alumnado do CEIP Plurilingüe Santa María do Castro, Cabo de Cruz (Boiro).

  • A mellor cantada: REGUEIFEIRAS DO CAMBALLÓN “A nosa música na nosa voz”.

Alumnado do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).

  • A mellor falada: REGUEIFEIROS DE RAZO “Regueifa en Razo”. Alumnado do CEIP

Plurilingüe Nétoma-Razo (Carballo).

O xurado acordou ademais conceder un accésit á Regueifa máis inclusiva a NOA E MARTÍN polo vídeo “Todo isto son mentiras” (IES Antonio Fraguas, Santiago de Compostela).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O 3 de abril terá lugar a entrega de premios nunha gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 11.00 horas. O evento estará conducido por Manolo Maseda e Séchu Sende, e polas formadoras do certame Enreguéifate Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Nuria das Cruces, e será un percorrido polas formas de improvisación oral galegas no que non faltará a música en directo.

Etiquetas

amescertamecomarcaradio lider santiagoregueifas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego