ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercio

En maio volven os Bonos Corazón a Santiago

O departamento de Comercio convocará este ano dúas campañas do programa Bonos Corazón, a primeira delas no próximo mes de maio. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que “atendemos así unha demanda do sector, co obxectivo de dinamizar o comercio nas dúas épocas do ano nas que adoitan baixar as vendas”. A segunda fase do programa volverá ser en outubro.

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2025 a las 19:52

Compartir

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalaría local, a través dos Bonos Corazón Compostela 2025. É o primeiro paso para a posta en marcha da campaña, que conta cun orzamento total de 600.000 euros que se distribuirán en dúas fases: a primeira a comezos de maio e a segunda en outubro.

Na edición de 2024, os Bonos Corazón contaron cun orzamento de 450.000 euros, e mobilizaron un volume de vendas de case 1,5 millóns de euros. Os establecementos adheridos á campaña foron 552, e repartíronse 22.500 bonos, que foron adquiridos por un total de 8.780 persoas. Estes datos demostran, incidiu María Rozas, que os Bonos Corazón “cumpren o seu obxectivo de dinamizar os negocios locais e dar a coñecer, diante de nova clientela, a calidade do noso tecido comercial de proximidade fronte á auxe das compras online e das grandes superficies”.

Etiquetas

bonos corazoncomerciocompostelasantigo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio
Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio