ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolíticaSalud

Ames reitera á Xunta a necesidade de ampliación do centro de saúde de Bertamiráns

O rexedor enviou un escrito ao actual Conselleiro de Sanidade o pasado 29 de maio e reiterouno o 7 de agosto. En xaneiro do ano 2023 xa se puxo en contacto co predecesor de Gómez Caamaño, Julio García Comesaña para trasladarlle esta necesidade

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de agosto de 2024 a las 16:40

Compartir

Blas García: “O centro de saúde está obsoleto e xa non responde ás necesidades dun concello de máis de 33.000 habitantes. O PAC, que tamén presta servizo ao concello veciño de Brión están amplamente sobrepasado e nunhas condicións deficientes para a prestación dun bo servizo”

Ames, 13 de agosto de 2024.- O alcalde de Ames, Blas García, vén de solicitarlle unha xuntanza ao Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para poñer en marcha un proxecto de ampliación do centro de saúde de Bertamiráns que, con máis de 30 anos ao servizo da veciñanza amesá, precisa ser ampliado e reordenado para prestar un servizo de calidade, pois “está obsoleto e xa non responde ás necesidades dun concello de máis de 33.000 habitantes”, afirma o rexedor.

Esta solicitude de xuntanza, que responde á necesidade de abordar de forma inmediata esta necesidade da veciñanza do concello e da contorna non é nova, pois os predecesores do actual concelleiro, Antonio Gómez Caamaño, recibiron escritos similares, como o enviado o 19 de xaneiro do ano 2023 ao nese momento responsable da Consellería de Sanidade, Julio García Comesaña. Nese momento puxéronse a disposición da Xunta de Galicia os terreos anexos ao centro sanitario para realizar as obras de ampliación pertinentes, ofrecemento que na actualidade se sigue mantendo por parte do goberno local.

O centro, que presta servizo a máis de 15.000 usuarios e fai as funcións de PAC ten grandes problemas de carácter estrutural e de reparto de espazos que, xunto ao déficit de profesionais, crea unha situación de colapso. O Concello de Ames, único concello de Galicia con saldo vexetativo positivo e dos únicos que medra ano tras ano, necesita ter uns servizos á altura, pois “os datos que manexamos indican que imos seguir medrando”, explicou García e finaliza: “Creo que a Xunta de Galicia debería premiar aos concellos que logramos romper a tendencia demográfica desta comunidade, proporcionando uns servizos que vaian en consonancia ás necesidades dunha poboación crecente”.

Etiquetas

amescentro de sauderadio lider santiagosanidadexunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán