ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaPolítica

A peza teatral “Testosterona” pecha este venres a programación de artes escénicas de Ames

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2024 a las 17:52

Compartir
  • O Concello de Ames pecha a súa programación teatral deste ano coa representación da obra “Testosterona” este venres 29 de novembro ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns
  • A peza propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade no ámbito laboral por motivos de sexo
  • No primeiro semestre do ano asistiron máis de 1.877 persoas aos espectáculos de teatro e danza ofertados polo Concello entre os meses de xaneiro e maio

Ames, 27 de novembro de 2024.- O Concello de Ames finaliza este venres 29 de novembro a súa programación teatral deste segundo semestre do 2024, deseñada polo departamento de Cultura, coa representación da obra “Testosterona”, de Malasombra Producións, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O espectáculo pecha o programa de artes escénicas do municipio destes derradeiros meses do ano e súmase así ás obras xa representadas este pasado mes de outubro, “Geometría del alma” e “Go Home”. Este espectáculo enmárcanse dentro da programación da Rede Galega de Teatros, subvencionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Deste xeito, a comedia teatral «Testosterona» de Malasombra Producións, dirixida por Xoque Carbajal e protagonizada por Camila Bossa e Luis Iglesia, pechará unha programación de artes escénicas municipal adaptada para todos os públicos, con obras orientadas tanto para o público infantil, como foi o caso da representación o pasado 18 de outubro no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro da peza “Geometría del alma” de Teatro Plus, tanto para o público adulto, coa representación do espectáculo “Go Home” da compañía Etiqueta Negra no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns tamén este pasado 18 de outubro.

“Testosterona” é unha peza que propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade no ámbito laboral entre homes e mulleres por razóns de sexo, narrando así a historia da decisión que tomará o director dun importante medio de comunicación para tomar o relevo no seu posto. Deberá escoller entre un dos seus dous subdirectores; unha é muller, o outro home. Que influirá nesta decisión? A capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?

Unha programación completa ao longo de todo o ano

Con estas últimas representacións, o Concello de Ames pecha o seu programa de artes escénicas deste 2024 que, a comezos de ano, ofertou un total de 12 entre os meses de xaneiro e maio. A proposta cultural incluíu espectáculos tanto danza como de teatro de distintos xéneros e temáticas para público adulto e infantil. As distintas pezas representáronse equitativamente nos auditorios das Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, ás que asistiron un total de 1.877 persoas entre todas as representacións.

Entre as pezas representadas no primeiro semestre do ano, destacaron: Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro; Último verán en Santa Cristina, de Teatro do Noroeste; Made in Galiza, de Sarabela Teatro; Hamelin, de Redrum Teatro; Chola a it girl; de Artes Acía, Esas cousas marabillosas; de Empatía Teatro; Sofá, de Marta Alonso; Ceibe, de Fran Sieira Compañía de danza; Hellen Keller, a muller marabilla?, do Grupo Chévere; e As R(h)umorosas, de Etiqueta Negra.

No referente á programación dirixida a público infantil, estivo conformada por dous espectáculos: un espectáculo de monicreques combinado con teatro: Solo, de Roi Borrallas, e unha comedia teatral: Voa Voa, de Talía Teatro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesculturateatro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.