A filloa de Lestedo protagoniza un obradoiro para persoas con alzheimer en Vedra e Boqueixón
Persoas usuarias da Aula de Estimulación Cognitiva de Agadea Alzheimer en Vedra e do Programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón participaron o pasado venres, 26 de setembro, nun obradoiro impulsado polo GDR Terras de Compostela que tivo como protagonista á recoñecida filloa de Lestedo.



