ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deputación da Coruña

Cristina García destaca en Vedra o compromiso da Deputación cos pequenos concellos

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, visitou hoxe o Concello de Vedra nunha xornada de traballo institucional para coñecer sobre o terreo o desenvolvemento de actuacións financiadas pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan Único (POS). A visita comezou cunha recepción institucional na casa consistorial xunto ao alcalde, Carlos Martínez, e o concelleiro de Obras, Enrique Vázquez. Tamén estiveron presentes tres concelleiros da oposición: Xosé Antonio Pose ‘Fou’ e Xesús Castro (BNG), así como Begoña González (PSdeG).

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de abril de 2026 a las 20:47

Compartir

Tras o encontro, a comitiva desprazouse para visitar a actuación de reforma dos camiños en Sales, Sarandón e Vilanova, así como o aparcadoiro na Ponte Ulla, unha das intervencións incluídas no POS+2025. Esta obra conta cun investimento de 157.814,29 euros achegados integramente pola Deputación da Coruña para mellorar infraestruturas viarias e servizos no municipio.

Máis de 6,3 millóns desde o 2017

Desde a creación do Plan Único no 2017, Vedra recibiu 6,3 millóns de euros da Deputación da Coruña, unha achega que permitiu impulsar 25 obras e actuacións, consolidando unha aposta sostida pola mellora de infraestruturas, servizos básicos e calidade de vida da veciñanza. Máis de 3 millóns de euros dese total destináronse a investimentos directos en obras de abastecemento, saneamento, mellora de camiños e equipamentos públicos.

Para este ano, Vedra conta cunha achega inicial de 724 681,55 euros a cargo do POS, unha cifra que se verá incrementada ao longo dos vindeiros meses a través de novos plans complementarios, mantendo un nivel de investimento similar ao do pasado ano.

Durante a visita, Cristina García Rey destacou que «o POS naceu para deixar atrás outros plans finalistas que lles dicían aos concellos onde tiñan que investir. Nós apostamos por modelos onde sexan as corporacións locais as que decidan cal é o mellor destino dos fondos».

A deputada provincial subliñou tamén que «o POS ten criterios obxectivos e reparte o diñeiro con transparencia, goberne quen goberne», incidindo en que se trata dunha ferramenta que «aposta por unha repartición xusta e equitativa».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nesa mesma liña, puxo en valor que este modelo de financiamento «permítelles ao goberno e aos grupos na oposición facer un traballo máis efectivo e pensando sempre na veciñanza», reforzando así a capacidade de decisión municipal e a cooperación institucional.

Etiquetas

deputacion da coruñavedra
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Vedra reúne a máis de 300 persoas na XXXIII Romaría dos Maiores
Comarca

Vedra reúne a máis de 300 persoas na XXXIII Romaría dos Maiores

A Deputación felicita ao Obradoiro polo seu regreso á ACB
Deportes

A Deputación felicita ao Obradoiro polo seu regreso á ACB

Antonio Leira: “O Plan Único é un fiel reflexo de que a Deputación ten que estar ao servizo dos concellos”
Actualidad

Antonio Leira: “O Plan Único é un fiel reflexo de que a Deputación ten que estar ao servizo dos concellos”

A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos
Deputación da Coruña

A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos