Vedra reúne a máis de 300 persoas na XXXIII Romaría dos Maiores
O concello de Vedra celebrou este sábado a XXXIII edición da Romaría da 3ª Idade, unha cita xa consolidada como un dos encontros máis especiais para as persoas maiores do municipio.
Líder Redacción
18 de mayo de 2026 a las 16:09
Máis de 300 asistentes participaron nesta xornada de convivencia, marcada polo ambiente festivo, a emoción e as ganas de compartir. A romaría converteuse, un ano máis, nun punto de encontro para os maiores de Vedra, que desfrutaron dunha celebración na que non faltaron a boa comida, a bebida e a música.
A cita destacou tamén polo seu carácter social e humano, reforzando os lazos entre veciños e veciñas nunha xornada pensada para homenaxear e poñer en valor á terceira idade do municipio.



