ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago abre o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas e sardiñadas de San Xoán

11/06/2024 Todas as persoas que queiran organizar cacharelas e/ou sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública, poderán solicitar os permisos correspondentes ata as 23:59 horas do vindeiro 20 de xuño.

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de junio de 2024 a las 14:44

Compartir

Tanto para as persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada nun espazo público da súa zona de residencia, como para os particulares que vaian facer esa cacharela ou sardiñada nun terreo dunha propiedade privada, a solicitude poderá facerse ata o 20 de xuño.

Cacharelas en espazos públicos

As persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada nun espazo público da súa zona de residencia deberán presentar a solicitude correspondente (Modelo oficial 002), así como as declaracións responsables que correspondan debidamente asinadas e un seguro de responsabilidade civil acompañado do recibo do pago da prima, na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) ou na rede SARA, dende o 1 de xuño ata as 23:59 horas do 20 de xuño.

A solicitude debe ir acompañada dun plano de situación do espazo público (no privado non se necesita plano) no que se vai situar a cacharela/sardiñada, así como da situación de todos os elementos presentes no espazo autorizado.

Nas cacharelas e sardiñadas que se celebran en espazos públicos, terán prioridade as asociacións veciñais e culturais.

Cacharelas en espazos privados

Os particulares que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada en terreos de propiedade privada deberán presentar a comunicación previa debidamente cuberta e asinada (Modelo oficial 008). As solicitudes poderanse presentar presencialmente no rexistro xeral ou en liña a través da sede electrónica do Concello (sede.santiagodecompostela.gal), da rede SARA ou do banner dispoñible na páxina web do Concello de Santiago dende o 1 de xuño ata as 23:59 horas do 20 de xuño.

Normas básicas

Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono dos Bombeiros (080) e o de Emerxencias (112). Se a propiedade está en zona urbana, o volume do combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro e 6 metros de perímetro, nin un metro de altura. No caso da zona rural, a cacharela non excedera os 3 metros de diámetro ou 9 de perímetro, nin os 3 metros de altura.

A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, agás no casco urbano e porase atención en alonxar a fogueira de vivendas, vehículos, e instalacións e locais nos que se almacenen produtos inflamables ou baixo tendidos eléctricos ou telefónicos. Ademais, prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico, así como de recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

A fogueira permanecerá vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga, asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.

A hora límite para rematar a celebración é as 03:30 horas da madrugada e será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da actividade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Prohíbese expresamente a celebración de Cacharelas e Sardiñadas de San Xoán nas seguintes prazas: praza do Obradoiro, praza da Quintana, praza do Toural, praza de Praterías, San Martiño Pinario, praza de Cervantes, Inmaculada, praza de Mazarelos, Irmán Gómez, San Miguel e San Agustín.

Etiquetas

compostelaradio lider santiagosan xoansantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha