O Rasca ‘7 y Media’ da ONCE deixa un premio de 7.500 euros en Ordes
O Rasca 7 y Media da ONCE deixou este martes un premio de 7.500 euros en Ordes, sendo o primeiro premio desta lotería instantánea na localidade. O vendedor da ONCE, José Luis Villaverde Manteiga, repartiu a sorte dende o seu posto de venda situado na rúa Alfonso Senra, número 88, xunto á farmacia.
Líder Redacción
18 de junio de 2024 a las 19:57
Un rasca premiado de 7 y Media’ de la ONCE | Archivo
7 y Media é o xogo no que por 1 € podes gañar ata 7.500 € ao instante. Para xogar este Rasca tes que descubre as túas tres Cartas, as cartas da Banca, a Carta Bonus e a casiña Premio. Se a suma das túas cartas é superior á suma da Banca, pero sen alcanzar sete e media, gañas o Premio. Se a suma alcanza exactamente sete e media, ¡gañas o dobre do Premio! Se a carta bonus é igual a algunha das túas cartas, gañas o premio indicado debaixo da carta bonus.



