O Rasca ‘7 y Media’ da ONCE deixa un premio de 7.500 euros en Ordes
O Rasca 7 y Media da ONCE deixou este martes un premio de 7.500 euros en Ordes, sendo o primeiro premio desta lotería instantánea na localidade. O vendedor da ONCE, José Luis Villaverde Manteiga, repartiu a sorte dende o seu posto de venda situado na rúa Alfonso Senra, número 88, xunto á farmacia.



