ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolíticaSociedad

Frades sufraga con 6.500 € a compra de lentes, audífonos e próteses dentais de persoas maiores

11 de xullo de 2024.- O Concello de Frades vén de entregar as axudas para gastos oftalmolóxicos, auditivos ou odontolóxicos concedidas a persoas maiores de 65 anos e/ou cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33% e cuns ingresos inferiores ao 90% do IPREM (540 euros). Unha convocatoria pioneira e da que se beneficiaron un total de cinco veciños e veciñas de Frades, que recibiron unha achega total de 6.530 euros.

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de julio de 2024 a las 21:15

Compartir

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, visitou esta mañá a Isabel Fernández Regueira, que cos seus 97 anos é a persoa de maior idade á que se lle concederon estas axudas, que no seu caso foi para a compra duns audífonos. “Poder axudar á xente a mellorar a súa calidade de vida, e máxime aos 97 anos, é unha das cousas polas que vale a pena ser concelleiro”, sinala Ferreiro Marzoa, quen quedou convidado pola familia a facer máis visitas e charlas con Isabel sobre as necesidades e a calidade de vida da xente da terceira idade.

As cinco axudas concedidas contaron co preceptivo informe dos Servizos Sociais municipais. Agora, unha vez entregadas as achegas, as persoas beneficiarias terán que xustificalas mediante a presentación das correspondentes facturas orixinais na adquisición de gafas, audífonos ou na realización dun tratamento odontolóxico.

Ferreiro Marzoa explica que “con esta convocatoria seguimos o camiño iniciado nos últimos anos en Frades e que nos levou a ser un dos municipios que máis inviste en servizos públicos en Galicia. Baixo a premisa de mellorar a calidade de vida das persoas maiores e dependentes con menores recursos económicos, puxemos en marcha e seguimos mantendo programas como o bono taxi, o programa de empréstito de axudas técnicas, o de estimulación cognitiva, o de eliminación de barreiras arquitectónicas ou os xa tradicionais de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio, que xa levan máis dunha década operativos”.

Etiquetas

amioresAxudasfradesradio lider santiagoservizos sociais
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha