Magaly Balsa Vilas, profesora e instrutora de bailes latinos e integrante do xurado Baila con Ames, expresou a sua satisfacción pola posta en marcha deste concurso “porque tiven que traballar moito aquí en Ames coa tema do baile. Comecei a dar clases en 1992 con catro ou cinco parellas e chegaron a xuntarse 150 parellas ao longo destes anos. Animo a todas as persoas que lles gusta o baile a que se inscriban nesta iniciativa, que serve para darlle visibilidade e poñer en valor a disciplina do baile”.
Categorías e premios
O certame divídese en dúas categorías. A primeira categoría está dirixida a participantes individuais ou en parella, mentres que a segunda categoría é para grupos compostos entre 3 e 12 persoas. Só se poderá participar nunha categoría por persoa. Considerarase deserta unha categoría cando se inscriban menos de tres participantes. No caso de quedar deserta os que se inscribisen na dita categoría poderán participar a modo de exhibición.
Establécense os seguintes premios: 1.000 euros para a primeira categoría (individual ou dúo) e 1.500 euros para a categoría de grupos. Por cada categoría, as persoas gañadoras outorgaráselle un único trofeo en recoñecemento da súa participación, unha única cesta saudable, un único vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso e a posibilidade de bailar nas Prebadaladas de Ames 2024.
Trámite de inscrición no concurso
As persoas interesadas en participar no certame deberán cumprimentar asinar e presentar o impreso de participación (no caso de menores de idade asinarán os/as representantes legais) acompañada dos documentos requiridos nela. Descargarase da páxina web municipal (www.concellodeames.gal) e presentarase por calquera dos medios establecidos no apartado 9 das bases.
Para participar tamén deberán presentar e enviar un vídeo con audio, en formato Mp4 cunha interpretación de baile da persoa ou persoas que vaian participar, de non máis de 1 minuto. Unha vez rexistrada a solicitude de participación deberán remitir copia da mesma xunto co vídeo co que se vai participar ao correo electrónico amesnarua@gmail.com.
O día 17 de xuño comunicaráselle, por correo electrónico a todas as persoas participantes a condición de candidatos ou non para as seguintes fases. O xurado escollerá ás persoas para a primeira xornada, un mínimo de 5 por categoría e un máximo de 15 por categoría. De non existir 3 persoas por categoría, a categoría quedaría deserta. As persoas que se teñan presentado poderán participar a modo e exhibición, pero fóra de concurso.
Fase de preselección e final
A fase de preselección realizarase nunha xornada presencial na pista deportiva que está ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro o día 21 xuño, ás 19.00 horas. Só́ se interpretará un baile de máximo 3 minutos. O xurado escollerá un máximo de 20 participantes en total, 10 por categoría. No caso de que algunha das categorías quede deserta, os participantes apuntados en dita categoría poderán participar a modo de exhibición fóra de concurso. Ese mesmo día daranse a coñecer os/as participantes que pasan a última fase. Os participantes que pasan a última fase anunciaranse na semana do 24 de xuño na páxina web do Concello de Ames.
Fase final
Celebrarase de xeito presencial en Bertamiráns o día 31 de agosto, ás 19.00 horas, nunha única xornada na que participarán as persoas clasificadas na fase de selección. Na fase final os 20 aspirantes (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Os participantes previa comunicación poderán interpretar os temas de maior duración. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo. Como segunda opción, será a organización a que decida o tema coincidente entre os concursantes afectados. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, este fallo do xurado será inapelable. Os ganadores/as daranse a coñecer ese mesmo día.
Xurado do Baila con Ames
O xurado está composto de tres profesionais do mundo do baile. Daniela Filloy Posada é profesora e instrutora de baile moderno, danzas urbanas, pilates e ioga. Dende pequena formouse en estilos moi diversos: baile tradicional, baile moderno, funky, comercial, hiphop, etc. Leva 17 anos exercendo de profesora de baile, dos cales 11 lévao facendo no seu proxecto persoal, que é a escola de baile Danzaya, situada en Bertamiráns.
Magaly Balsa Vilas comezou a súa formación en 1986. En 1995 formou parte do colectivo de baile Danzón, onde impartían clases de baile por Galicia. En 1996 comezou a súa formación de bailes latinos en La Habana, traendo a Galicia a roda de casino. En 1999 na súa academia chamada Kimbac baile, xunto cos seus primeiros bailaríns da roda de casino de La Habana, Ernesto Miari e Luís Novo, participou no primeiro congreso mundial de salsa celebrado en Valencia, onde tamén impartían clases de baile, e incluso levou a un grupo de alumnos de Galicia, para que participaran coa roda de casino en dito evento na modalidade de exhibición.