Volve a Gladiator Race Cidade da Cultura con 2.000 participantes, obstáculos e solidariedade
Hoxe tivo lugar no Hotel OCA Puerta del Camino a presentación oficial da Gladiator Race Cidade da Cultura, que se celebrará o vindeiro sábado 13 de setembro en Santiago de Compostela. A cita reunirá a 2.000 participantes, entre categorías kids e adultos, nun enclave excepcional como é a Cidade da Cultura, cuxas características converten este espazo nun lugar idóneo para acoller unha proba de resistencia destas dimensións.
Líder Redacción
8 de septiembre de 2025 a las 20:15
Esta será a terceira edición solidaria a favor da asociación Art for Dent, que mantén desde a primeira edición unha estreita colaboración coa carreira. A implicación é máxima, contando incluso cun equipo propio de 400 participantes que competirán cun dobre obxectivo: superar os retos deportivos que presentan os obstáculos e dar visibilidade á investigación da enfermidade de Dent, unha enfermidade renal rara que aínda non ten cura, baixo o lema: UN RAIO DE LUZ
Entre as probas, volve a Rampa Mont Blanc, unha das máis emblemáticas e máis desexadas polos participantes da Gladiator Race. Un desafío que esixe forza, resistencia e traballo en equipo, e que representa á perfección a loita constante fronte aos obstáculos da investigación científica.
O acto de presentación contou coa presenza de numerosas personalidades do ámbito científico, deportivo, social e cultural, entre elas:
- Ana Isabel Vázquez, directora xerente da Cidade da Cultura.
- Modesto Rouco Vilar, xefe do Servizo de Fomento e Xestión Deportiva da Xunta de Galicia.
- Serafín Martínez, organizador da Gladiator Race.
- Javier Pena Boquete, family Banker de Banco Mediolanum en Santiago de Compostela.
- Sandra García Redondo, family Banker de Banco Mediolanum en Santiago de Compostela.
- Javier Nicolás Blanco, xerente do Centro Comercial As Cancelas.
- Miguel Ángel García, director de Nefrochus, xunto co seu equipo de investigación que tamén estiveron presentes no acto.
- Noa Carrera, bióloga do equipo de Nefrochus e referente en xenética renal, recentemente galardoada cun premio da Sociedade Española de Nefroloxía.
- Lalo Crespo, director do Hotel OCA Puerta del Camino, anfitrión do acto.
- María Castelao, presidenta de Art for Dent, que subliñou a importancia deste tipo de eventos para superar obstáculos e avanzar na investigación de enfermidades raras, e agradeceu o apoio e agarimo desta proba e dos seus patrocinadores durante estos anos.
A Gladiator Race Cidade da Cultura combina deporte, superación, solidariedade e espírito de equipo nunha xornada única que converterá Compostela no epicentro do deporte e da cooperación social.
Ademais, durante a presentación tamén se anunciou o Cóctel Solidario, que terá lugar ese mesmo día a partir das 21:30 horas no Hotel OCA Puerta del Camino. As entradas teñen un prezo de 20 € solidarios, cuxa recadación irá destinada á causa.
O evento contará coa actuación en directo do grupo “2 hombres y tercio”, numerosos e estupendos sorteos de Jessica Fabeiro, Ana Mancebo, Eferro, Santiago en Vivo e O Sendeiro, animación infantil e máis sorpresas. As entradas poden adquirirse no seguinte enlace:



