ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoFala que FalaNoticia Líder

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

 

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de mayo de 2026 a las 23:35

Imaxe da clausura de Fala que Fala do ano pasado | Arquivo

Compartir
  • A segunda tempada do proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua remata este mércores cun acto que reunirá alumnado de toda Galicia na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026.- Máis de 500 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos participarán este mércores, 27 de maio, na gala de clausura da segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia promovido por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua. O acto celebrarase ás 11.00 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia e converterase nunha gran festa arredor da lingua galega.

Ao longo do curso 2025-2026, estudantes da ESO dos centros participantes convertéronse nos protagonistas dun innovador formato radiofónico en directo desenvolvido nos propios institutos e colexios. A través de entrevistas, xogos, reportaxes, entrevistas, debates e contidos culturais, o alumnado puido practicar e normalizar o uso do galego nun contexto creativo, dinámico e participativo.

A gala reunirá aos representantes do IES Luís Seoane (Pontevedra), CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea), IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos), IES Cacheiras (Teo), IES Castelao (Vigo), IES O Ribeiro (Ribadavia), CPI Dr. López Suárez (Friol) e CPR San Xosé de Cluny (Santiago de Compostela), protagonistas desta segunda edición do programa.

Durante o evento proxectarase un vídeo resumo da tempada, realizarase a entrega de diplomas acreditativos ao alumnado participante e terá lugar unha entrevista aberta con Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua, a cargo dos estudantes dos diferentes centros. A xornada contará con diversas sorpresas preparadas para celebrar o éxito da iniciativa.

Fala que Fala conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e do Xacobeo 2027, así como co patrocinio de Restaurante Raxoi, EME Music, Centro Comercial As Cancelas, Daveiga, A Casa do Rock, Ángel Mar Cetárea, La Galiciana, Forvigal, Seguridade A1 e Dezasete Media, entidades comprometidas coa promoción da lingua e da cultura galegas.

O proxecto naceu coa vocación de achegar o galego á mocidade a través dos medios de comunicación e das novas formas de expresión como as redes sociais, favorecendo o desenvolvemento das competencias comunicativas do alumnado e fortalecendo a súa identidade cultural. Ao longo destes meses, centos de estudantes participaron activamente nunha experiencia que converteu a radio nunha ferramenta educativa e de dinamización lingüística.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desde Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua queren agradecer a implicación dos equipos directivos, do profesorado e do alumnado dos centros participantes, así como o compromiso das entidades colaboradoras, que fixeron posible unha nova edición dun proxecto que continúa demostrando que o galego é unha lingua viva, actual e con futuro.

Etiquetas

cidade da culturaeducacionfala que falagalegogaliciaradio liderxuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación