Vila de Cruces convoca o concurso de carteis do XXXII Festival de Bandas de Música de Galicia
Líder Redacción
8 de abril de 2026 a las 13:38
Líder Redacción
8 de abril de 2026 a las 13:38
Vila de Cruces, 8 de abril de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces convoca o concurso de carteis para o XXXII Festival de Bandas de Música de Galicia, enmarcado nos actos da Festa do Galo de Curral deste ano. Poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello.
O concurso establece tres categorías: ata 16 anos, de entre 17 e 64 anos e a partir de 65 anos. O Concello repartirá en total 300 euros en premios, a razón de 75 euros para o primeiro clasificado de cada categoría e outros 75 euros para o deseño gañador que será a imaxe do festival (premio acumulativo) e que se escollerá entre os tres gañadores.
Os participantes deberán entregar o seu traballo en formato A3 vertical e con técnica libre antes do 21 de abril no Concello.
Recibe las noticias en tu correo.