ProgramasParrillaAgendaFarmaciasPlaza PúblicaEquipoPublicidadContacto
vive.galvive.gal
Al DíaComarcaPolíticaSociedadDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidad, radio y cultura de Santiago y su comarca.

RSS Podcast

Radio

  • La Radio
  • Programas
  • Parrilla
  • Agenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Secciones

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidad
  • Sociedad

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidad
  • Cookies
  • Contacto
  • Trabaja con nosotros

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desarrollado por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderSociedad

Mireya Otero: “A Festa do Galo de Curral é sentir o pobo, a súa xente e unha tradición que nos une”

Falamos coa primeira tenente de alcalde de Vila de Cruces sobre a XXXII Festa Gastronómica do Galo de Curral, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que converterá esta fin de semana o municipio nun dos grandes referentes da gastronomía tradicional galega

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de mayo de 2026 a las 13:57

Compartir

Vila de Cruces prepárase para vivir esta fin de semana a XXXII Festa Gastronómica do Galo de Curral, unha cita xa consolidada no calendario festivo galego e declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Durante dous días, o municipio converterase nun gran escaparate da gastronomía, da música e das tradicións locais cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos.

A primeira tenente de alcalde do Concello, Mireya Otero, explicou en Radio Líder Santiago que a programación arrancará xa este sábado cunha cata maridaxe dirixida polo sumiller Nacho Costoya, na que se degustarán distintas elaboracións de galo de curral acompañadas de viños da D.O. Rías Baixas da subzona da Ribeira do Ulla, entre eles os de Adegas CastroBrey. A xornada completarase co Festival de Bandas de Música de Galicia e coa actuación da orquestra Panamá.

Xa o domingo celebrarase a xornada grande da festa coa exposición de exemplares vivos, na que participarán vinte criadores e arredor de cincuenta animais, ademais da venda de exemplares sacrificados e da degustación de tapas de galo de curral elaboradas polo cociñeiro Antonio Mouriscade. Como novidade desta edición, ampliaranse ata as 500 racións dispoñibles.

A programación incluirá tamén pasarrúas, unha exhibición de coches clásicos, a actuación do grupo local Xuntounos Ela, o pregón da actriz e presentadora galega María Mera e o concerto de Carlos Baute _tras a cancelación da actuación de Bertín Osborne por enfermidade_ antes do peche da celebración coa orquestra Capitol.

Durante a entrevista, Mireya Otero puxo en valor a importancia histórica, cultural, gastronómica e turística dunha celebración que supera xa as tres décadas de historia. “Historicamente axudou a conservar unha tradición moi ligada á vida rural e á crianza do galo”, explicou. Ademais, destacou que a festa “mantén vivas moitas tradicións galegas” e contribúe a reforzar o sentimento de unión entre a veciñanza.

A primeira tenente de alcalde incidiu tamén no importante impacto económico e social que supón esta cita para o municipio. “Moitísimas persoas de diferentes lugares veñen aquí, o que beneficia tanto aos negocios locais como á hostalaría e ao comercio”, asegurou, subliñando ademais a visibilidade que a festa lle dá a Vila de Cruces e ao propio Galo de Curral como produto representativo da zona.

Otero destacou igualmente a implicación da veciñanza arredor desta celebración.“É unha celebración moi nosa e iso nótase moito no ambiente que se crea estes días”, afirmou, sinalando que a participación de asociacións e veciños é unha das claves do éxito da festa.

De cara á asistencia desta edición, desde o Concello agardan unha importante afluencia de visitantes tanto da comarca como doutros puntos de Galicia. “É unha festa moi coñecida e cada ano desperta moito interese polo ambiente, pola tradición e, sobre todo, pola gastronomía”, destacou.

Para rematar, Mireya Otero animou á veciñanza e aos visitantes a achegarse esta fin de semana ata Vila de Cruces para vivir esta celebración.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Concello de Vila de CrucesFEsta de Interes Turístico Galegofesta do galo de curralgalo de curralMireya Otero Vila de Crucesvila de cruces
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Vila de Cruces organiza unha cata maridaxe para desfrutar con todos os sentidos do galo de curral
Comarca

Vila de Cruces organiza unha cata maridaxe para desfrutar con todos os sentidos do galo de curral

Vila de Cruces celebra a Festa do Galo de Curral incidindo na importancia do «relevo xeracional»
Comarca

Vila de Cruces celebra a Festa do Galo de Curral incidindo na importancia do «relevo xeracional»

Carlos Blanco será o pregoeiro da 31ª Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
Comarca

Carlos Blanco será o pregoeiro da 31ª Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

Esta é a programación completa da XXX Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
Actualidad

Esta é a programación completa da XXX Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces