ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducación

Santiago inviste no verán case 186.000 euros en melloras nos centros educativos

Desenvolvéronse actuacións de mantemento e mellora en máis de 20 centros, continuando o obxectivo estratéxico do Concello de reforzar as infraestruturas educativas

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de septiembre de 2024 a las 15:22

Compartir

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2024.- O Concello de Santiago reforza o seu compromiso coa seguranza e a accesibilidade en centros educativos e parques infantís investindo case 186.000 euros este verán para levar a cabo diversas actuacións de mantemento e mellora.

Así, o Concello de Santiago continúa reafirmando e actuando en prol da mellora das infraestruturas educativas. Este verán leváronse a cabo actuacións en máis de 20 centros, entre as que se atopan labores de pintado, reposición ou substitución de elementos chave, obras para a mellora da accesibilidade, arranxos e reparacións de estruturas, cambio ou renovación de sistemas eléctricos e de fontanería, instalacións…

Entre os centros intervidos atopánse o EIM Conxo, o EIM Fontiñas, o EIM Meixonfrío – Salgueiriños, o EEI Tambre, o EEI Trasparlamento, o EEI San Roque, o ER Bispo Teodomiro, o ER do Gaioso – Eixo, o ER do Rial Araño, o CEIP Apóstolo Santiago, o CEIP Arquitecto Casas Novoa, o CEIP Cardenal Quiroga Palacios, o CEIP Fontiñas, o CEIP Lamas de Abade, o CEIP López Ferreiro, o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, o CEIP Monte dos Postes, o CEIP Pío XII, o CEIP Raíña Fabiola, o CEIP Ramón Cabanillas, o CEIP Roxos de Villestro, o CEIP de Vite; e fixéronse actuacións en diversos parques infantís.

As obras de mantemento e mellora foron deseñadas para garantir entornos de aprendizaxe seguros, modernos e axeitados para a mocidade e persoal educativo.  As obras foron coidadosamente planificadas e executadas durante o período estival para minimizar o impacto na vida escolar e disporán dun seguimento durante o curso. Durante o período lectivo, realizaranse novas obras en centros educativos. Entre elas, as máis inmediatas son o acondicionamento das parcelas próximas aos colexios Ramón Cabanillas e Quiroga Palacios para facilitar o aparcamento.

Etiquetas

educacionnoticias compostelaobrasradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol