No ámbito das obras, aprobouse o expediente de contratación do proxecto de «ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (2ª fase)», dentro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2021 da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento base de licitación de 356.700,00 € (base impoñible de 294.793,39 € máis IVE do 21% por valor de 61.906,61 €).
Así mesmo, autorizouse o inicio de trámites para proceder á recepción das obras de rehabilitación de firme, mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa Camiño dos Vilares, tramo rúa Camiños da Vida- rúa Follas Novas; e deuse luz verde á certificación final das obras de mellora da accesibilidade no concello de Santiago.
En canto ás licenzas, aprobouse a concesión á Xunta de Galicia da relativa á mellora das condicións de accesibilidade no CEIP PLURILINGÜE DE VITE 1, sito na avda Burgo das Nacións, cun orzamento de execución material de 84.712,20 euros. Nesta mesma Xunta de Goberno aprobouse a suspensión cautelar para a reforma da vixente normativa de usos do Plan especial de protección no ámbito da cidade histórica (PE-1).
Aprobación da Oferta de Emprego para o ano 2024
O executivo municipal deu luz verde á Oferta de Emprego de 2024, que recolle un total de 66 prazas, 33 das cales se corresponden coa quedan libre. As restantes 33 destínanse á promoción interna.