Rescatan a un home en Santiago tras quedar coa man atrapada baixo unha furgoneta
Este xoves, os bombeiros rescataron a unha persoa que quedou coa man atrapada baixo unha furgoneta en Santiago. Segundo informou o 112 Galicia, o ferido foi trasladado polo persoal sanitario ao CHUS.



