ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSaludSociedad

Recta final para a apertura da residencia do Milladoiro

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de agosto de 2024 a las 13:32

Compartir
  • O alcalde, Blas García, visitou xunto a concelleira de Benestar Social, Uxía García, o concelleiro de Obras, Gustavo Nieto e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández a obra da nova residencia do Milladoiro
  • Inaugurarase nos próximos meses e terá unha capacidade de 59 prazas

Ames, 9 de agosto de 2024.– O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Benestar Social, Uxía García, o concelleiro de Obras, Gustavo Nieto, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, a obra da residencia do Milladoiro. O inmoble situado na Travesía da Moa está encarando a fase final da construción e os terreos anexos xa están sendo urbanizados. Os membros do Goberno foron recibidos polo promotor, Camilo Álvarez, a directora, Paula Guzmán, e polo traballador social, Fernando Aldrey.

O alcalde, Blas García, satisfeito con que O Milladoiro conte por fin cun centro destas características, lamentou que teña que ser un promotor privado o que realice estas inversións pediu á Xunta de Galicia máis inversión para a construción de centros deste tipo de titularidade pública. “A abertura deste centro é unha gran noticia debido a que vai cubrir unha carencia que existía neste concello. O seguinte paso é que as administracións públicas se sensibilicen e invistan máis recursos na construción de centros para a conciliación e o coidado dos nosos maiores”, e finaliza recordando que “é o noso deber coidar de quen nos coidou”.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, tendeu a man ao persoal da residencia para manter unha comunicación fluída co departamento de servizos sociais do concello e puxo en valor que sexa Ames o sitio elixido para a construción deste centro pois “todas e todos temos dereito a envellecer con dignidade, preto das nosas familias e do noso fogar. Moitas familias que tiñan aos seus seres queridos en centros de outras provincias poderán achegalos á casa e visitalos máis frecuentemente sen que distancia sexa impedimento”

Dende a propiedade do centro explican que este concepto de residencia permite un trato máis familiar e personalizado ás persoas usuarias, dando deste modo o mellor servizo posible. Nos vindeiros meses abrirán as portas desta residencia con capacidade para albergar a 59 usuarios e usuarias en 25 habitacións dobres e 9 individuais con baño independente cada unha delas. O centro tamén contará con 3 prazas de enfermería.

Etiquetas

amesmaioresmilladoiroradio lider santiagoresidencia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego