Dentro dos 82 contratos non están os que xa foron adxudicados durante os pasados meses, «como pode ser o do Servizo de Axuda no Fogar (5.553.657,1€), adxudicado a 17 de abril de 2024 á UTE SIAD24 GALICIA, SL – PROTECCION GERIATRICA 2005, SL», lembrou César que engadiu que se trata «dun plan programático e orientativo e non dun compromiso explícito que obrigue a licitar todos os contratos relacionados nel, nin coas condicións sinaladas».
Así mesmo, o plan «tampouco cerra a posibilidade de realizar contratacións non sinaladas no mesmo e que poidan ser necesarias para cubrir necesidades non previstas no momento da súa publicación. Polo tanto, estaríamos perante un documento que recolle obxectivos específicos, medíbeis, alcanzábeis, relevantes e temporais».
Contratos por eixos
O concelleiro fixo fincapé en que os obxectivos do plan están «aliñados cos grandes eixos estabelecidos no Orzamento de 2024 e cos compromisos deste goberno». Así, aparecen contratos para:
· Prestar servizos públicos de calidade:
o Prestación integral dos servizos de conserxaría e limpeza de centros escolares (1.427.000€), de pavillóns deportivos (875.480,54€) e centros socioculturais (1.400.000€). 2º maior 24 meses + 24 meses 8.253.930,00 euros.
o Xestión do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros en réxime de concesión administrativa (9.084.439,62€). 1º maior 156 meses + 0 meses 184.561.778,95 euros.
o Servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control, regulación e xestión do tráfico e do túnel urbano do Hórreo. 4º maior 36 meses + 24 meses 5.825.522,80 euros.
o Vehículos para o Servizo de extinción de incendios e Salvamento. 3 lotes 640.000,00 + 580.000,00 + 410.000,00 euros = 1.630.000,00 euros.