ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaEducaciónPolítica

Padrón abre o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/26

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2025 a las 20:15

Compartir
  • As familias poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal
  • O periodo conclúe o 11 de abril

Padrón. 31-3-2025.- O Concello de Padrón informa de que o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/26 permanecerá aberto entre mañá martes día 1 e ata o venres 11 de abril. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal (sede.padron.gal).

Para formalizar a solicitude, é imprescindible cubrir o formulario oficial dispoñible na sede electrónica (https://acortar.link/HSfiLo ) e achegar a documentación correspondente. Entre os documentos obrigatorios inclúese o libro de familia ou outro documento que acredite oficialmente a situación familiar, ademais dunha declaración xurada de que a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar segue sendo a mesma, no momento da solicitude de ingreso na Escola Infantil Municipal que na data que consta na declaración a renda ou certificado equivalente. Se houbo cambios respecto aos datos reflectidos na declaración da renda ou no certificado equivalente, deberá achegarse a documentación que xustifique a nova situación.

Ademais, dependendo da situación familiar poderá requirirse documentación adicional, como o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental, a acreditación de discapacidade ou dependencia, ou a resolución de contrato de acollemento familiar. No caso de separación, divorcio ou nulidade matrimonial, deberá acreditarse dita circunstancia xunto co réxime de visitas.

Dependendo da situación económica-laboral deberá aportarse como documentación complementaria a última nómina dos membros da unidade familiar en activo ou xustificante do último ingreso trimestral (autónomos), se algún membro está en desemprego, certificación do INEM ou organismo autonómico, declaración do IRPF ou certificado da AEAT no caso de non presentala, informe social en casos de dificultades para acreditar rendas, e se es perceptor de RISGA, resolución da Consellería de Política Social.

As solicitudes serán baremadas segundo os criterios establecidos na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 14 de marzo de 2025, conforme aos códigos de procedemento BS404A e BS404B. Toda a información detallada sobre os requisitos e criterios de avaliación pode consultarse na sede electrónica municipal e na web da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Atención e máis información

O Concello de Padrón lembra que as persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais para resolver calquera dúbida relacionada co proceso de solicitude a través do correo electrónico (servizos.sociais@padron.gal) ou do teléfono 981 817 025. Ademais, recoméndase consultar a sede electrónica municipal para acceder aos formularios oficiais e obter información actualizada sobre o proceso.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

educacionpadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala