Os Premios Manuel Beiras chegan á súa XXIV edición «En galego, naturalmente»
28/11/2023.- «En galego, naturalmente» é o lema co que se presenta este ano os ‘Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio’, convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global. O 18 de decembro a partir das 20.00 horas, o Teatro Principal acollerá a gala de entrega de premios ás empresas seleccionadas polo xurado, nunha convocatoria co obxectivo de dar a coñecer e espallar a utilidade que ten o galego, tamén como lingua instrumental como no ámbito mercantil.



