ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Oroso celebra a XXVII Festa da Troita con sorpresas musicais como a Tuna de Santiago

Redacción, a 8 de maio de 2025 — O Concello de Oroso vive estes días a súa cita máis destacada do ano: a Festa da Troita, que celebra a súa 27ª edición cun programa repleto de actividades, música e, como non podía ser doutro xeito, toneladas de troita para todos os gustos. O alcalde, Álex Doval, recibiu a este medio nos estudios para desgranar os detalles dun evento que xa é «unha das citas ineludibles do calendario», como el mesmo define.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de mayo de 2025 a las 22:38

Compartir

Unha festa con raíces nos ríos

A Festa da Troita naceu como homenaxe aos seis ríos que percorren o concello, confesou o rexedor. Este ano, a programación vai dende o campionato de pesca infantil —»con máis de 50 nenos anotados, un récord»— ata concertos como o de Roi Casal, que mestura son galego e cubano, pasando pola degustación de 600 kilos de troita subvencionados pola Xunta de Galicia.

«É importante non desvirtuar a orixe da festa: os ríos e a troita son o noso símbolo», destacou Doval.

Entre as novidades desta edición está a Tuna de Santiago, que actúa por primeira vez en Oroso: «Sempre traíamos charangas, pero este ano queríamos algo diferente». O domingo, ademais, o pregón correrá a cargo dos alumnos do IES, unha iniciativa que xa triunfou o ano pasado: «Son nenos que explican como viven a festa, e iso emociona a todo o pobo».

A música terá un papel protagonista, con actuacións como as de Orquesta Fuego ou Panorama City, esta última por petición popular: «Os nenos pedíronno no pregón do ano pasado, e aquí están».

Reportaxe da pasada edición da Festa da Troita

Oroso, un concello en transformación

Máis alá da festa, Doval aproveitou para falar das obras que están a transformar Oroso:

  • Humanización da praza Isaac Díaz Pardo: Un proxecto de 800.000 euros que comezará tras a festa.

  • Avenida Grabanxa: Unha inversión de 900.000 euros en colaboración coa Diputación.

  • Polígonos industriais: «O de Sigüeiro está case completo, e en San Martiño xa hai empresas interesadas».

«Somos un dos tres concellos da provincia con saldo vexetativo positivo. Isto é futuro», subliñou con orgullo.

A implicación do comercio e a hostalería é total. «Non só os bares de Sigüeiro, senón tamén os das parroquias participan. A Festa da Troita é de todo o concello», insistiu. Ademais, a Asociación de Comerciantes organizou un xogo con «troitas escondidas nos escaparates» para promover as compras locais.

O alcalde non oculta a súa ambición: «Queremos que a Festa da Troita sexa declarada de Interese Turístico Nacional antes da 30ª edición». Mentres, invita a todos a disfrutar deste fin de semana en Oroso: «Hai troita para todos, e somos un pobo acolledor. ¡Non faltedes!».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

culturafesta da troitaorososigueiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O PSdeG inaugura a súa nova sede en Oroso
Comarca

O PSdeG inaugura a súa nova sede en Oroso

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

Tradición, foliada y comida popular: así será este sábado el primer Albaroque en Senra (Oroso)
Actualidad

Tradición, foliada y comida popular: así será este sábado el primer Albaroque en Senra (Oroso)

Antonio Leira: “O Plan Único é un fiel reflexo de que a Deputación ten que estar ao servizo dos concellos”
Actualidad

Antonio Leira: “O Plan Único é un fiel reflexo de que a Deputación ten que estar ao servizo dos concellos”