ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioPolítica

O PP de Santiago propón que sexa necesario estar empadroado para acceder aos Bonos Corazón

 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de marzo de 2024 a las 19:15

Compartir

 

 

  • Así, moitos composteláns quedaron nesta ocasión sen poder beneficiarse deste programa por falta de crédito mentres que veciños de concellos limítrofes si tiveron acceso a estes bonos.
  • Esta situación afecta, sobre todo, a colectivos con dificultades de acceso a entornas dixitais, como as persoas maiores que, en ocasións, non están familiarizadas coas novas tecnoloxías

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, propón que, en próximas edicións dos Bonos Corazón, se inclúa nos requisitos de acceso a obrigatoriedade de estar empadroado en Santiago. “Esta condición garantiría que a veciñanza compostelá fose a receptora das vantaxes desta medida, ademais sería imprescindible habilitar medidas adicionais, co fin de facilitar o acceso ás persoas que non están familiarizadas coas novas tecnoloxías”, subliñou a popular.

Hai que lembrar que o obxectivo fundamental deste programa é estimular as vendas no comercio compostelán, pero non se debería descoidar o feito de que os beneficios do mesmo recaian, principalmente, nos santiagueses, cumprindo así unha dobre función, xa que son os composteláns e compostelás os que financian este programa cos seus impostos.

A popular explicou que a última edición do programa viuse afectada por unha importante redución económica respecto á anterior, aspecto que afectou negativamente aos beneficios que ten asociados; ao número de bonos dispoñibles; e ás persoas que poden acceder aos mesmos.

Así, moitos composteláns quedaron nesta ocasión sen poder beneficiarse deste programa por falta de crédito mentres que veciños de concellos limítrofes si tiveron acceso a estes bonos.

Chama a atención que non se mudaran os requisitos para ser persoa beneficiaria, xa que a única esixencia para poder selo é a maioría de idade; polo que, nesta edición cunha partida orzamentaria tan limitada, os veciños de Santiago concurrían en igualdade de condicións que un veciño doutro concello ou incluso de fóra de Galicia.

Por outra banda, esta situación afecta, sobre todo, a colectivos con dificultades de acceso a entornas dixitais, como persoas maiores, que en ocasións, non están familiarizadas coas novas tecnoloxías.

Aínda que existe a posibilidade de recoller fisicamente os bonos, este método non sirve para moito, xa que para poder facelo, hai que solicitar cita previa a través de teléfono ou correo electrónico, co que a barreira dixital continúa presente  e a posibilidade de facerse con algún dos bonos, é altamente improbable.

Deste xeito, desde o Partido Popular de Santiago reclama que na vindeira edición, xestione mellor este programa ou faga un maior esforzo, tendo en conta a importancia que ten esta campaña para os comercios de Santiago.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

bonos corazoncomerciocompostelappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha