“O éxito das Festas do Apóstolo avala o acerto de apostar por que a veciñanza as faga súas»
Tras as Festas do Apóstolo, a concelleira desta área, Pilar Lueiro, fai unha valoración “altamente positiva” da programación baseándose “na considerable afluencia de público en todas as actividades, que é o indicador máis evidente e palpábel deste éxito”.



