O alcalde de Rois agradécelle ao grupo Cortizo que execute unha senda peonil ata Seira
Líder Redacción
4 de julio de 2024 a las 19:20
Líder Redacción
4 de julio de 2024 a las 19:20
Rois. 4-7-2024. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, agradécelle ao presidente do grupo Cortizo a construción dunha senda peonil que vai dende a AC-301ata o principio da aldea de Seira. “Unha infraestrutura que vai mellorar considerablemente tanto a seguridade viaria como a dos peóns que transitan a diario por este vía”, asegura Ramón Tojo.
Foi o propio alcalde quen lle pediu a José Manuel Cortizo a execución desta senda peonil, “petición que foi atendida de forma inminente e que lle agradecemos toda a veciñanza de Rois”, asegura Ramón Tojo.
Cortizo xa comezou cos traballos para construír esta senda, que vai dende a actual rotonda de acceso a Rois na AC-301 (que tamén foi executada por Cortizo) ata a aldea de Seira.
Recibe las noticias en tu correo.