Negreira adxudica obras por máis de 400.000 euros
Líder Redacción
7 de septiembre de 2024 a las 15:02
- Son obras recollidas no POS+ 2023 e que comezarán a súa execución nas vindeiras semanas. Son unha continuación das levadas a cabo en xullo como o cambio do céspede artificial en Cepelo.
Negreira, 6 de setembro do 2024 – O concello de Negreira ven de adxudicar obras correspondentes ao POS+ 2023 por un importe de máis de 400.000 euros. Estas adxudicacións continúan co traballo realizado nos pasados meses como foi o cambio do céspede en Cepelo que supuxo un investimento de 200.000 euros.
As obras xa adxudicadas son o mantemento das pistas en Trasbarcala e Vilachán de Abaixo, cun importe de (87.401,07 euros e adxudicadas a Construccións J. Mauri). Humanización do núcleo de Vilaserio e mantemento de pista en Rioseco, por 53.758,76 euros e adxudicada a Nosa S.A. . Aglomerado de vías municipais de DP5604 a Igrexa en Campolongo e Bugallido, por76273,35 euros e adxudicada a Martínez Montes.
Obras pendentes de executar
Ao tempo que se adxudican estas obras o concello de Negreira traballa para sacar adiante obras pendentes de execución como o abastecemento en Padín e Covas, por 75.512,01 euros), que está pendente de celebrar a última mesa de negociación; e a reforma das pistas de tenis, xa que por motivos alleos o concello, quedou deserta a licitación , e volverase a licitar coa máxima celeridade posible.
Todas as obras comezaron a licitarse no mes de xuño, e cumpriron cos prazos establecidos por lei, pasando por distintas fases e aportando os distintos informes necesarios para cada expediente, sendo procedementos longos e arduos.
O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leís Míguez agradece unha vez máis o gran traballo realizado polo persoal do concello, sacando adiante en tempo e forma todos os proxectos.



