Gran participación no encontro de maiores de Boqueixón
Boqueixón, 7 de maio de 2024.- 370 veciños e veciñas tomaron parte na edición número trinta e un do Encontro de Maiores de Boqueixón, celebrada este sábado 4 de maio no pavillón polideportivo municipal do Forte. Unha xornada de lecer e confraternidade para as persoas maiores do municipio.




