Gran éxito de participaron nas andainas do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia
Abertas as inscricións para a cuarta etapa, que terá lugar o domingo 16 de xuño entre Outes e Noia
Abertas as inscricións para a cuarta etapa, que terá lugar o domingo 16 de xuño entre Outes e Noia
Líder Redacción
22 de mayo de 2024 a las 19:49
22 de maio de 2024.- Unha media de máis de setenta persoas participaron estes dous últimos domingos nas dúas etapas na andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. O tempo acompañou, polo que os camiñantes desfrutaron dos dous itinerarios: Muros-Esteiro (aprazado no seu día polo mal tempo ao 12 de maio) e Esteiro-Outes (este domingo 19 de maio).

As andainas estiveron encabezadas polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; e polo concelleiro de Seguridade Viaria, José Antonio Ces Barreiro.
A próxima andaina terá lugar o vindeiro 16 de xuño: 16 quilómetros entre Outes e Noia. A saída está programada para as 9:00 horas dende a estación de autobuses de Noia e o prezo será o mesmo que o das anteriores edicións: 5 euros por persoa a aboar o día mesmo da camiñata. As persoas que desexen participar poden anotarse en www.bandoticket.com ou chamando ao Club de Xubilados de Lousame (653 22 16 55).
Recibe las noticias en tu correo.