Galicia prepara unha lei pioneira para a prevención do acoso e a violencia dixital
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego iniciou os trámites para aprobar a futura Lei galega de acoso e violencia dixital, coa que Galicia se convertería na primeira comunidade autónoma en contar cunha normativa específica para combater esta problemática.



