Cruces celebrou unha animada Festa do Chourizo a pesar da chuvia
Líder Redacción
4 de febrero de 2026 a las 15:15
Líder Redacción
4 de febrero de 2026 a las 15:15
O Concello de Vila de Cruces celebrou hoxe a súa XXXIII Festa Gastronómica do Chourizo na Praza do Concello (Praza Juan Carlos I).
Aínda co tempo en contra, xa que a chuvia non cesou en toda a mañá, multitude de persoas asistiron a esta xuntanza na que se respiraba un magnífico ambiente, onde a veciñanza se animou a degustar gratuitamente 80 quilos de chourizos de tres carnicerías locais: Maceiro, Mosquera e Mariño. Os chourizos, feitos á brasa por Lucho e Fausto, servíronse acompañados de pan, auga e viño.
Recibe las noticias en tu correo.