Ante esta contundente realidade, “pedímoslle aos nacionalistas que, no caso de que verdadeiramente teñan unha estratexia turística a reformulen de forma urxente e se inspiren en casos de éxito e non nos leven, finalmente, ao apocalipse turístico”, subliñou.
María Baleato remarca que “esta situación non é boa para Santiago, algo que o Partido Popular xa ven advertindo desde hai tempo, e é consecuencia das medidas alarmistas que os nacionalista veñen promulgando”.
“A percepción que reciben os turistas de non ser ben recibidos; as pintadas e carteis con insultos cos que se atopan; a falta de ambición na planificación cultural e de ocio e o pouco atractivo das festas do Apóstolo, lonxe de producir unha mellora nos resultados de ocupación, o que provocan é unha perda de ocupación, feito que se aparta do obxectivo de incrementar as pernoctas, que todos deberíamos compartir”, indicou.
A popular sinala que, “desde o noso partido, advertíamos que o BNG vivía as festas do Apóstolo nunha dimensión paralela onde non estabamos os composteláns e, agora, os resultados demostran que estamos diante da crónica dunha morte anunciada, as festas do Apóstolo non foron un revulsivo para a ocupación hoteleira na cidade como si o foi, por exemplo, o Son do Camiño”.