Convocan unha acampada a favor de Palestina na USC
Estudantes das universidade de Santiago unirán forzas nun encerramento en solidariedade co pobo de Gaza. A convocatoria, promovida por Erguer Galiza, xunto con outras organizacións como Galiza Nova, Creba Socialista, Isca!, BDSGaliza e outros colectivos, terá lugar na Facultade de Historia da USC ás 20:00 horas do próximo martes 14 de maio.




