Comeza a XXXVII Semana Cultural de Conxo «grazas á implicación da veciñanza»
04/09/2024 O centro sociocultural de Conxo celebrará a súa XXXVII Semana Cultural desde mañá ata o 12 de setembro, con diferentes actividades para todos os públicos. O concelleiro Xan Duro presentou a programación, «coa que o CSC reivindica o seu papel dinamizador da veciñanza, e se suma ademais ás festas do barrio que se celebrarán na fin de semana».



