Blas García, alcalde de Ames, confesa a cidade galega onde non lle importaría vivir
O alcalde de Ames, Blas García, participou recentemente no formato multimedia ‘A Caixa de Pandora’, un espazo de Radio Líder Santiago onde distintas personalidades responden ás preguntas indiscretas dos oíntes. O rexedor socialista revelou o seu lado máis persoal, así como a súa visión para o futuro do municipio.
Líder Redacción
13 de agosto de 2024 a las 15:52
Cando se lle preguntou como lle gustaría ser lembrado, o alcalde declarou que quere ser recordado como «unha persoa humilde e traballadora». Asegura ter un profundo amor por Galicia e nunca se plantexou vivir fóra dela. De non ser en Ames, García admitiu que A Coruña é unha cidade na que non lle importaría vivir.
En canto aos seus maiores desexos, García sinalou que, no ámbito persoal, espera que a súa familia, especialmente os seus fillos e a súa parella, «teñan a mellor vida posible». Pola súa banda, desde unha perspectiva política, o seu principal anhelo é que Ames continúe co desenvolvemento e crecemento que está a experimentar.
Ademais da súa traxectoria política, García ten unha sólida formación en publicidade, deseño gráfico e organización de eventos, campos nos que espera volver traballar unha vez remate o seu paso pola política. Aínda que confesa que necesitará actualizarse na súa profesión orixinal, dado que leva varios anos afastado dela.
Por último, o alcalde compartiu un dato curioso: non ten tatuaxes nin piercings, e é contrario a eles. Con todo, lembrou que na súa mocidade levaba unha pequena coletilla, un estilo que estaba de moda naquel entón.
‘A Caixa de Pandora’ con Blas García, no seguinte enlace.



