Baixo Ulla Vivo convoca unha concentración contra Altri este domingo en Padrón
Comunicado Baixo Ulla Vivo:
Líder Redacción
Comunicado Baixo Ulla Vivo:
Líder Redacción
14 de marzo de 2025 a las 17:50
«O colectivo Baixo Ulla Vivo, diante da aprobación por parte da Xunta da Declaración de Impacto Ambiental da macrocelulosa promovida por Altri- Greenfiber, publicada hoxe no DOG, convoca concentración urxente este domingo 16 de marzo ás 12h diante do Concello de Padrón.
A veciñanza dos concellos de Catoira, Valga Pontecesures, Dodro, Rois, Rianxo e Padrón, polos que transcorre o Ulla, que forman parte deste colectivo, non imos tolerar que o goberno do PP da Xunta de Galiza nos siga a asoballar co seu abuso de poder e hipocrisía, poñendo en perigo a nosa auga, os nosos empregos, o noso patrimonio cultural, e a nosa mesma vida.
Por iso, facemos un chamamento a toda a poboación destes concellos e a súa contorna a que participen nesta concentración o domingo 16 ás 12h diante do Concello de Padrón, así como na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para o vindeiro sábado día 22 de marzo na Pobra do Caramiñal.
Porque ao pobo non nos queda outra que seguir loitando para rematar co espolio e coas agresións de grandes multinacionais que Alfonso Rueda e o seu goberno facilitan.
Non imos dobrar o brazo e seguiremos loitando xuntas e xuntos pola nosa terra e a nosa auga.
ALTRI NON!»
Recibe las noticias en tu correo.