Neste senso, o Concello quere deixar claro que esta empresa conta con autorización ambiental da Administración autonómica, non polo Concello, e así se lles trasladou aos veciños nunha xuntanza mantida na Casa Consistorial o pasado 26 de febreiro. Nesa reunión, onde estivo a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o arquitecto municipal, se lles informou do proceso e da situación actual, quedando solventadas todas as dúbidas dos veciños.
De feito, se lles trasladou que esta planta se pretende implantar en solo rústico e é un uso permitido conforme á Lei Galega do Solo, que no seu artigo 35 “usos e actividades en solo rústico”, apartado “m”, estipula que se permitirán as instalacións e infraestruturas públicas ou privadas para a xestión e tratamento de residuos inertes en solo rústico. Conforme á lexislación ambiental, o ente autonómico só lle pediu ao Concello un informe de viabilidade urbanística da parcela, o cal nin tan sequera foi emitido. Polo tanto, con todo, non é necesaria a autorización municipal para a aprobación da tramitación medioambiental de dita actividade, xa que a lei di expresamente que deberá ser favorable en calquera caso.
Nesa xuntanza tamén se lles recordou que toda a tramitación ata a data de hoxe desta planta estivo a exposición pública, tanto na web oficial da Xunta de Galicia como nos medios de comunicación de máxima tirada, podendo exercer o dereito de alegación e de consulta por calquera veciño ou asociación.