As noitiNHas chegan este mércores coa zona gastro de Kike Piñeiro e Eloy Cancela
Este mércores 3 de xullo, os chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela do restaurante A Horta D’O Obradoiro trasladaranse á pequena aldea gastronómica do hotel NH Collection Santiago para deleitarnos cunha cociña sinxela e de sabores auténticos.





