Accidente de gravidade entre dous vehículos en Oroso, afortunadamente, sen feridos
Esta mañá, o CIAE 112 mobilizou aos servizos de emerxencia debido a un grave accidente entre dous vehículos no Concello de Oroso. Nun primeiro momento, informouse da posible existencia de persoas atrapadas nun dos vehículos implicados. Non obstante, ao chegar os medios de emerxencia, comprobaron que o conductor e único ocupante xa estaba fóra do vehículo.




