ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

A Xunta permitirá por primeira vez na historia examinarse de galego desde calquera parte do mundo

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de octubre de 2025 a las 15:43

Compartir
  • O secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia anuncia exames telemáticos do Celga e defende que en Galicia “non hai conflito lingüístico, hai convivencia”

Redacción, 15 de outubro de 2025.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, defendeu esta semana nunha entrevista radiofónica que o galego vive “un bo momento de vitalidade e prestixio” e que o reto actual é “seguir fomentando o seu uso con naturalidade, especialmente entre a xente nova e nos novos espazos dixitais”.

“O galego non escapa a ningunha profesión, tamén á ciencia. Ten que estar en todos os sitios”, destacou García, coincidindo coa celebración do Día da Ciencia en Galicia. “É importante facer ciencia en galego, porque a lingua é unha ferramenta de coñecemento e tamén de identidade”.

“Fala que Fala”: sementando galego entre o alumnado

Un dos proxectos estrela da Secretaría Xeral é o programa “Fala que Fala”, unha iniciativa educativa e radiofónica que chega este curso á súa segunda edición. García explicou que a proposta está a ter “un grande seguimento entre os centros escolares de toda Galicia” e que representa “moito máis que unha campaña de promoción lingüística”.

“É facelo no lugar onde temos o noso semilleiro, cos que se están formando nos centros educativos. A radio é unha ferramenta tan útil porque traballamos expresión oral, contidos educativos, léxico e fonética, pero tamén comunidade”, explicou.

O secretario lembrou que esta actividade tamén serve para fortalecer a competencia comunicativa e a confianza do alumnado: “Falar en galego é aprender a comunicar mellor, e comunicar é entendernos como sociedade”.

https://admin.vive.gal/estes-son-os-oito-centros-educativos-galegos-que-participaran-en-fala-que-fala/

“Non hai conflito lingüístico en Galicia”

Preguntado sobre as polémicas que adoitan rodear o uso das linguas cooficiais, García foi contundente: “En Galicia non hai conflito lingüístico. O que temos é unha lingua grande, o castelán, e unha lingua propia que se identifica co territorio. Hai quen pensa que o galego serve para unhas cousas e o castelán para outras, pero non é unha cuestión de superioridade: é unha cuestión de uso e prestixio”.

O secretario insistiu en que a convivencia lingüística é un sinal de madurez social e cultural: “As linguas non crean conflito. Os conflitos créanos as persoas, e en Galicia temos unha sociedade que convive perfectamente cos dous idiomas”.

Exames Celga desde calquera lugar do mundo

Un dos anuncios máis destacados da entrevista foi a posta en marcha, por primeira vez, dos exames Celga en formato telemático, unha medida que permitirá obter certificados oficiais de competencia en galego desde calquera parte do planeta.

“Imos poder examinar a persoas en Madrid, en Buenos Aires ou en Pequín. É un gran avance para a lingua e para o noso sistema educativo”, sinalou.

O proxecto piloto comezará co Celga 4, e forma parte da renovación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que cumpre vinte anos. “Hai dúas décadas non existían as redes sociais nin a comunicación en liña, polo que é necesario actualizar o plan para adaptalo aos novos tempos”, explicou García.

“Agora xa se pode formar un galegofalante desde calquera lugar do mundo, e pronto tamén poderá examinarse e acreditarse sen desprazarse. É un paso cara á universalización do galego”, engadiu.

Os referentes e o prestixio da lingua

O secretario de Política Lingüística referiuse tamén ao papel dos referentes sociais e culturais na normalización do idioma. Citou como exemplo ao futbolista compostelán Borja Iglesias, xogador internacional que se expresa habitualmente en galego nas roldas de prensa.

“É fundamental que persoas como Borja Iglesias falen en galego con naturalidade. Son referentes que fan que o idioma se vexa como algo auténtico, moderno e prestixioso”, destacou.

“Parece moi normal que un actor galego fale en galego, ou que un músico cante en galego, pero aínda non o é. Temos que normalizar iso e facelo atractivo para a mocidade”, engadiu.

A cultura galega, en estado de esplendor

Valentín García destacou tamén o momento de esplendor que vive a cultura galega: “Temos cineastas, músicos e literatos recoñecidos internacionalmente. O ano pasado houbo cinco premios nacionais en galego e películas que gañaron a Concha de Ouro en San Sebastián. Iso demostra que o galego serve para triunfar en calquera ámbito”.

O secretario animou á creación artística e empresarial na nosa lingua: “Somos capaces de facer as cousas en galego e triunfar. Hai que animar aos emprendedores e creadores a producir na nosa lingua”.

“Non hai que ter medo a falalo”

Na recta final da conversa, Valentín García lanzou unha mensaxe clara á cidadanía: “Non hai que ter medo a falar mal. O que hai que ter medo é a non falar. Todos cometemos erros, tamén eu, pero a lingua apréndese usándoa. Cando máis falemos, mellor falaremos”.

Ademais, apelou á empatía entre falantes: “Os galegos temos esa tendencia á hipercorrección. Cando alguén di ‘abuelo’ en vez de ‘avó’, non hai que corrixilo con dureza. Hai que celebrar que está facendo o esforzo de falar”.

“A mellor maneira de coidar e de apreciar o galego é falalo”, concluíu García, antes de marchar cara ao acto institucional do Día da Ciencia en Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

galegogaliciasecretario xeral da Lingua
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia